O Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, compareceu a petición propia perante a Comisión de Industria, Enerxía e Turismo do Congreso para explicar a expropiación da filial boliviana de REE.
José Manuel Soria sinalou que o Goberno lamenta a expropiación de TDE, pero asume que esta decisión está axustada á Constitución e ás leis bolivianas.
Ao contrario do acontecido no proceso de expropiación de YPF na Arxentina, o Goberno de Bolivia mantivo unha actitude de diálogo coas autoridades españolas e con REE para poder acadar un acordo e compensar a empresa española. O Goberno de España acompañará e apoiará a REE neste proceso de negociación.