Guía de navegación
Accesibilidade
Os sitios web das administracións públicas teñen o deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE 139803:2012. Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC ( Accesibilidade Web ) actualmente vixente en España.
Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2 (adecuación de nivel Dobre A) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do Consorcio World Wide Web (W3C).
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Deste xeito, realizouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora. Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco mediante o seguinte formulario de contacto. Realizaremos as melloras necesarias á maior brevidade posible.
Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios.
Teclas de acceso rápido
Premendo unha combinación de teclas determinada poderá acceder rapidamente a determinadas páxinas ou contidos da páxina.
-
Tecla S: Saltar navegación (ir directamente a contido)
-
Tecla 1: Páxina de inicio
-
Tecla 2: Guía de Navegación
-
Tecla 3: Mapa Web
-
Tecla 4: Busca
-
Tecla 5:Contactar
-
Tecla 6: Atención al ciudadano
-
Tecla 7: Sede Electrónica do ministerio
-
Tecla 8: Portal Axudas
-
Tecla 0: Accesibilidade
Dependendo do navegador que utilice, o procedemento é distinto. Deseguido explicamos o funcionamento para os navegadores máis habituais.
-
Internet Explorer: Alt + tecla + Intro
-
Mozilla, Firefox e Chrome: Alt + tecle (en Firefox 2: Alt + Maiúsculas + tecla)
-
Opera: Maiúsculas + Esc + tecla
-
Safari: Cmd + tecla
Tamaño do texto
Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través de no propio navegador, no menú “Ver”, opción “Tamaño do texto”, pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.