Guía de navegación

Microformatos

Icono microformatos Cando un sitio web utiliza microformatos significa que a información está codificada dunha determinada maneira que as máquinas poidan entender para proporcionar funcionalidades engadidas aos usuarios.

Por exemplo, o texto "Paseo de la Castellana 162" refírese a un enderezo, pero se non se lle di á máquina que ese texto é un enderezo, non o entenderá. Utilizando microformatos conseguimos que as máquinas recoñezan ese texto como enderezo e, deste xeito, poidan utilizar este dato, por exemplo, para mostrar unha ligazón a un mapa de situación que lle simplifique a busca ao usuario.

¿Como podo utilizar os microformatos?

En primeiro lugar, debemos instalar un plug-in, é dicir, un pequeno programa adicional, ao noso navegador.

  • Mozilla Firefox : plug-in Operator .
  • Safari para Mac : plug-in Safari Microformats .
  • Intenet Explorer : Ata o momento non coñecemos ningún plugin para este navegador, pero en futuras versións terá aplicacións integradas de microformatos.
  • Opera : Ata o momento non coñecemos ningún plugin para este navegador, pero en futuras versións terá aplicacións integradas de microformatos.

Nas páxinas nas que se utilicen microformatos activaranse os botóns que podemos utilizar. Mediante o botón "Options" podemos configurar que botóns queremos mostrar. Deseguido describimos os máis usuais:

  • Addresses : enderezos físicos, por exemplo, o enderezo do edificio principal do Ministerio en Madrid. Premendo no botón ofrécenos a posibilidade de atopar esa localización nun mapa.
    Operator - enderezos
  • Contacts : contactos, que logo poden ser exportados ao caderno de contactos, por exemplo de Outlook.
    Operator - contactos
  • Events : eventos ou datas importantes, que se poden engadir á axenda persoal, como Outlook ou Google Calendar.
    Operator - Eventos
  • Locations : situación de lugares en mapas mediante coordenadas xeográficas.
    Operator - mapas

Mentres navegue pola web do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, iranse activando uns botóns ou outros. Na medida do posible, intentamos facilitar esas "pequenas tarefas" como localizar enderezos en mapas ou engadir datas importantes ao seu calendario.

Se necesita máis información sobre microformatos, pode consultar os seguintes enderezos: