Que é Turismo 2020?

O modelo turístico actual atópase en fase de transformación, polo que cómpre darlle un impulso conxunto para consolidar España como país líder mundial en turismo.

Para lograr que o sistema turístico español sexa o máis competitivo e sustentable, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio promoveu o desenvolvemento do plan Turismo 2020. Este plan foi aprobado en Consello de Ministros o 8 de novembro de 2007, froito do consenso entre o sector público e privado.

O plan Turismo 2020 responde aos retos que afronta o turismo no presente e de cara ao futuro a través de:

  • un novo modelo para os destinos turísticos maduros, mellorando a nosa posición nos mercados,
  • promovendo e desenvolvendo produtos relacionados con experiencias innovadoras,
  • impulsando unha cultura do detalle e atención ao cliente,
  • avanzando na adopción de fortes compromisos de sustentabilidade, revalorizando recursos que fomenten un equilibrio socioterritorial do turismo,
  • profundando no eido do coñecemento, promovendo a innovación e atraendo e mellorando o talento.